Buscar     
www.concellodeguitiriz.com
GUITIRIZ
Presentación da alcaldesa
Corporación
Historia
Localización Xeográfica
INFORMACIÓN XERAL
Contacte co Concello
Calendario Laboral
Teléfonos de interese
Centros docentes
Centros Médicos e Farmacias
Policía Local
Voluntariado
DEPORTES
Instalacións Deportivas
Escolas Deportivas Municipais
Calendario
Fotos
CULTURA
Escola de música
Banda Municipal
Biblioteca
Cemit
Uned Senior
Bandos
Actas
Ordenanzas
Impresos e Documentación
Servicios
PAI
Centro de día
Servicio Axuda ao fogar
NOVIDADES
I ANDAINA SENSITIVA NA RUTA DA PEDRA DE DÍAZ CASTRO
17/04/2017

Con motivo da próxima celebración do Día do Libro, o día 23 de abril, o concello de Guitiriz organiza a “I andaina Sensitiva” na ruta de sendeirismo “Ruta da Pedra de Díaz Castro”, aberta a todos  os afeccionados á literatura, escritura, xornalismo…a “experiencia” consistirá en percorrer en silencio parte da ruta para plasmar daquela as impresións, ideas, sensacións, etc. vividas en forma dun texto curto, debuxos, poemas (admitirase unha foto por participante…) que se elaborarán, ao acabar o percorrido, no futuro Centro de Interpretación da ruta, na aldea de Vilariño.
Os materiais, textuais u gráficos, formarán parte dun libro que publicará o concello na seguinte edición do Día do Libro, en 2018. Tratarase dunha obra colectiva, directa e coral. Ao termino da tarefa de escritura, o concello agasallará aos participantes cun “xantar literario”, no propio edificio do futuro Centro de Interpretación.

A iniciativa pretende dar a coñecer a ruta, que ten o seu comezo no lugar natal do poeta vilarego XoséMª  Díaz Castro e percorre as parroquias de Os Vilares e O Buriz, nunha contorna natural na que destacan interesante elementos do patrimonio, como o petroglifo de Agro das Calzadas, restos romano de O Buriz  ou cruceiros, como o de Riotorto. Igualmente, a intención dos responsables municipais é que a ruta sirva para difundir distintos aspectos da cultura, tradicional e contemporánea, e indirectamente, promover o turismo nun concello especialmente rico no que a patrimonio histórico-artístico refírese.
Para a información e inscrición previa (gratuíta) chamar ao 982.37.01.09 ou directamente no Concello ( nos dous casos preguntando por Olga. Tamén a través de info@concellodeguitiriz.com

DATOS IMPORTANTES:

Se alguén quere levar nenos que camiñen pero non participen na experiencia, poñemos un servizo de roteiro para eles con persoal responsable.
O material necesario aportaráo o Concello.
Se hai xente que precise transporte dende Guitiriz que se anote. Nese caso sairemos do Campo da Feira ás 9 da mañá.
IMPORTANTE ANOTAR: nome e apelidos, DNI, enderezo, teléfono e idade.
A ACTIVIDADE FORMA PARTE DO MES DA FAMILIA

 

voltar
¿Que ver?
Camiño de Santiago
Espazos Naturais
Aloxamentos e Restauración
Festas
Oficina de Turismo
Sicted