Buscar     
www.concellodeguitiriz.com
GUITIRIZ
Presentación da alcaldesa
Corporación
Historia
Localización Xeográfica
INFORMACIÓN XERAL
Contacte co Concello
Calendario Laboral
Teléfonos de interese
Centros docentes
Centros Médicos e Farmacias
Policía Local
Voluntariado
DEPORTES
Instalacións Deportivas
Escolas Deportivas Municipais
Calendario
Fotos
CULTURA
Escola de música
Banda Municipal
Biblioteca
Cemit
Uned Senior
Bandos
Actas
Ordenanzas
Impresos e Documentación
Servicios
PAI
Centro de día
Servicio Axuda ao fogar
NOVIDADES
CLUB DE LECTURA CASA HABANERA
07/06/2017

O Concello de Guitiriz, desde a biblioteca do centro sociocultural Casa Habanera, quere convidar ó público en xeral a participar nun Club de Lectura que se iniciará neste mes de xuño.

A actividade constará de dúas sesións cada mes para facer un seguimento máis levadeiro das lecturas e fomentar o debate.
A selección dos libros farase sobre criterios de actualidade, escritoras e escritores consagrados, distintos niveis de lectura e as propias preferencias dos participantes.

A primeira reunión para coñecer as expectativas dos participantes terá lugar o VENRES 16 DE XUÑO ÁS 7 DA TARDE NA CASA HABANERA.

Nesta primeira xuntanza presentarase a actividade, explicarase o funcionamento e obxectivos do club,  tratando de fomentar a participación mediante suxestións e propostas sobre gustos literarios para facilitar a selección das lecturas.

A actividade complementarase con recitais de poemas, lecturas de fragmentos relevantes das obras, rolda de preguntas e conclusións, recortes de prensa literaria, etc.

Os asistentes recibirán  un agasallo sorpresa só por participar na actividade.

Animádevos a compartir as vosas opinións e participar nun debate aberto sobre os beneficios da lectura!

Guitiriz, xuño de 2017
Concellería de Cultura
 
voltar
¿Que ver?
Camiño de Santiago
Espazos Naturais
Aloxamentos e Restauración
Festas
Oficina de Turismo
Sicted