Buscar     
www.concellodeguitiriz.com
GUITIRIZ
Presentación da alcaldesa
Corporación
Historia
Localización Xeográfica
INFORMACIÓN XERAL
Contacte co Concello
Calendario Laboral
Teléfonos de interese
Centros docentes
Centros Médicos e Farmacias
Policía Local
Voluntariado
DEPORTES
Instalacións Deportivas
Escolas Deportivas Municipais
Calendario
Fotos
CULTURA
Escola de música
Banda Municipal
Biblioteca
Cemit
Uned Senior
Bandos
Actas
Ordenanzas
Impresos e Documentación
Servicios
PAI
Centro de día
Servicio Axuda ao fogar
NOVIDADES
ACTIVIDADES AULA CEMIT MES DE SETEMBRO E NOVO HORARIO
31/08/2017


A aula CeMIT de Guiritiz retoma as actividades formativas en horario de tarde.
Rematado o verán, a aula CeMIT de Guitiriz retoma as actividades formativas en horario de tarde, de 16:00 a 20:00. Durante o mes de setembro as actividades previstas son as que se detallan a continuación:

• Trámites electrónicos: do 4 ao 8 de setembro.
• Iniciación á informática: do 11 ao 15 de setembro.
• Busca de información en Internet: do 18 ao 20 de setembro.
• Correo electrónico: do 21 ao 22 de setembro.
• Uso seguro de internet: do 25 ao 29 de setembro.
 
No taller de TRÁMITES ELECTRÓNICOS se abordarán aqueles aspectos referidos aos requirimentos técnicos que son necesarios para facer trámites electrónicos coa denominada "e-administración", os distintos medios de autentificarse que existen así como unha serie de exemplos prácticos coas diferentes administracións para que os participantes poidan comprobar as avantaxes no que abrangue á xestión e consulta de expedientes electrónicos
.
No curso de INICIACIÓN Á INFORMÁTICA, o alumnado adquirirá as competencias necesarias para desenvolverse a nivel de usuario básico. Complementarase este curso cos de BUSCA DE INFORMACIÓN EN INTERNET e CORREO ELECTRÓNICO debido á importancia que ten hoxe en día desenvolverse na web para a consulta da información que nela hai, e na que o alumnado adquirirá os coñecementos e habilidades para navegar pola web utilizando os denominados navegadores, buscar na web, almacenar a información, etc. No que se refire ao correo electrónico, o alumnado aprenderá a manexar con soltura esta ferramenta de comunicación para enviar e recibir mensaxes a través da web.
Finalmente, a través do curso de USO SEGURO DE INTERNET se incidirá na importancia de manter a privacidade e a seguridade ante ameazas, para o que se abordarán os coñecementos e hábitos que garantizarán a seguridade do internauta na súa utilización da rede de redes
A maiores das actividades programadas, a aula CeMIT estará aberta ao público en xeral para que poidan facer uso das instalacións e equipamentos. Do mesmo xeito, en todo momento haberá persoal da aula a disposición do público para asesoralos sobre calquera necesidade formativa ou aspecto referido ao uso de novas tecnoloxías.

Aqueles usuarios/as que desexen consultar as actividades que se están programando, así como calquera información referida a esta aula de referencia na Terra Chá, poden facelo en Internet a través do enderezo  https://aulacemitguitiriz.wordpress.com/ ou ben nas redes sociais Facebook e Twitter. No mesmo eido, poden inscribirse nas actividades acudindo presencialmente á aula CeMIT ou ben, on-line a través da páxina: https://cemit.xunta.gal//buscador.

Tamén se poden facer as suxestións e consultas que se consideren oportunas enviando unha mensaxe a dirección de correo electrónico: aulacemitguitiriz@gmail.com. Coa información que recibamos se poden programar actividades que se axusten ás necesidades da cidadanía.
voltar
¿Que ver?
Camiño de Santiago
Espazos Naturais
Aloxamentos e Restauración
Festas
Oficina de Turismo
Sicted