Buscar     
www.concellodeguitiriz.com
GUITIRIZ
Presentación da alcaldesa
Corporación
Historia
Localización Xeográfica
INFORMACIÓN XERAL
Contacte co Concello
Calendario Laboral
Teléfonos de interese
Centros docentes
Centros Médicos e Farmacias
Policía Local
Voluntariado
DEPORTES
Instalacións Deportivas
Escolas Deportivas Municipais
Calendario
Fotos
CULTURA
Escola de música
Banda Municipal
Biblioteca
Cemit
Uned Senior
Bandos
Actas
Ordenanzas
Impresos e Documentación
Actas xuntas de goberno local
Servicios
PAI
Centro de día
Servicio Axuda ao fogar
NOVIDADES
EXPOSICIÓN: "PAISAXES QUE NAMORAN" DE Mª JOSÉ RODRÍGUEZ
30/04/2018

O Concello de Guitiriz inaugura a exposición “Paisaxes que namoran” da artista con raíces guitiricense Mª José Rodríguez.
O pasado venres, día 27 de abril,   foi inaugurada    unha exposición de pintura da artista multidisciplinar, con raíces guitiricenses e afincada en Vilagarcía de Arousa,  Mª José Rodríguez. A mostra leva por título “Paisaxes que namoran” e atópase no Salón de Plenos das dependencias municipais. Estará aberta dende o 27 de abril ate o 29 de xuño. Consta de 16 cadros dos que 15 son acuarelas e un de técnica mixta; todas son paisaxes, recunchos, vividos e sentidos que pertences a diferentes etapas da súa vida; as súas lembranzas dos veráns en Guitiriz na casa da súa madriña, a etapa de estudiante en Santiago, o seu ollar á vida na Coruña e  a súa Vilagarcía actua. Inclúense dúas a través da mirada dos seus fillos, unha en Hungría e outra en New York. Tamén hai varias de cidades ás que viaxou e lle deixaron un grato recordo: San Sebastián e a praia da Concha, Segovia e o acueducto, Sevilla e a Xiralda,…Mª José é unha artista autodidacta, dende nena sentiu afición pola pintura e con todo o relacionado coas artes: escultura, costura,..A súa faceta de pedagoga tamén influiu.
É gañadora de varios premios moitos deles relacionados con carteis de feiras e festas:
-Gañadora do concurso da “Feira da cantería, callos e artesanía de Parga” ano 2017.
-Accesit no concurso de Antas de Ulla este mesmo mes de abril.
-Festa do pan de Rivadumia
-Festa do lacón con grelos de Cuntis.
-Festa dos callos de Meis.
-“Cerámica” dentro da festa da encina de Ponferrada.
-2º premio de investigación histórica con ilustracións propias no Concello de Xermade.
-Folk in Río de Teo
Fixo exposicións en:
  • Palacete dos Mendozas en Pontevedra.
  • Sá Lustra Rivas en Ribeira.
DATOS:
LUGAR: Salón de sesións do Concello de Guitiriz. Rúa do Concello nº 4
HORARIO:  de luns a venres agás festivos. De 9:00h  a 14:00 h e de 17:00h a 20:00
NOTA: pódese solicitar visita concertada fóra dese horario  982.37.01.09  ou info@concellodeguitiriz.com
voltar
¿Que ver?
Camiño de Santiago
Espazos Naturais
Aloxamentos e Restauración
Festas
Oficina de Turismo
Sicted