Buscar     
www.concellodeguitiriz.com
GUITIRIZ
Presentación da alcaldesa
Corporación
Historia
Localización Xeográfica
INFORMACIÓN XERAL
Contacte co Concello
Calendario Laboral
Teléfonos de interese
Centros docentes
Centros Médicos e Farmacias
Policía Local
Voluntariado
DEPORTES
Instalacións Deportivas
Escolas Deportivas Municipais
Calendario
Fotos
CULTURA
Escola de música
Banda Municipal
Biblioteca
Cemit
Uned Senior
Bandos
Actas
Ordenanzas
Impresos e Documentación
Actas xuntas de goberno local
Servicios
PAI
Centro de día
Servicio Axuda ao fogar
NOVIDADES
EXPOSICIÓN " BICHOS CHAIREGOS"
28/05/2018

EXPOSICIÓN
BICHOS CHAIREGOS
Manuel Sanmartín Fernández e José Juan Manzano de la Comba
INAUGURACIÓN: LUNS 28  MAIO  2018 ÁS 20:00 H
ATA O 30 DE XUÑO DE 2018
CASA HABANERA.
Hoxe día 28 de Maio , ás 20:00 h inaugurase a “Exposición  Bichos Cháiregos” na Casa Habanera
.O  Instituto de Estudos Chairegos organiza esta exposición de MANUEL de SANMARTÍN FERNÁNDEZ e JOSÉ JUAN MANZANO DE LA COMBA.

Esta exposición é a combinación de senllas mostras dos autores antes mencionados, cun denominador común: animais do entorno da Chaira. 
Permanecerá aberta ao público ata o 30 de xuño .
JOSÉ JUAN MANZANO DE LA COMBA pertence á Sociedade Esopañola de Ornitoloxía. Profesionalmente traballou na Policía Científica de Barcelona e tamén facía de fotógrafo nela. Leva 7 anos na Chaira, vivindo en Castro de Rei e saíndo a fotografar esta terra da que está namorado. Esta pasión pola fotografía e pola fauna e flora da nosa bisbarra deu lugar a un laborioso traballo parte do cal poderase contemplar nesta exposición.
A mostra de MANUEL SANMARTÍN FERNÁNDEZ xorde coa intención de dar a coñecer á xente nova da comarca a riqueza de artrópodos cos que comparte hábitat. Formulouse cun propósito divulgativo: é unha exposición de fotografías acompañadas de explicacións, e tamén unha exposición de explicacións acompañadas de fotografías.
Puídose contemplar por primeria vez no IES Basanta Silva, con motivo do seu cincuentenario, contando coa colaboración do IESCHA.

 A exposición xorde coa intención de dar a coñecer á xente nova da comarca a riqueza de artrópodos cos que comparte hábitat. Formulouse cun propósito divulgativo; diría que é tanto unha exposición de fotografías acompañadas de explicacións, coma unha exposición de explicacións acompañadas de fotografías.
 
Materializouse grazas ao IESCHA e o IES Basanta Silva. De feito foi neste centro onde se amosou por primeira vez, con motivo do seu cincuentenario.
 
As escasas fotografías aquí expostas son unha mínima mostra dos varios miles de fotografías de flora e fauna da nosa comarca dispoñibles na plataforma cidadá Biodiversidad Virtual.org, a maior base de datos de imaxes xeo-referenciadas de seres vivos, accesible para calquera persoa, entidade científica, administración pública ou centro educativo. Os datos que aportan os seus bancos taxonómicos permiten facer estudos clave na evolución das especies. Incluso, ás veces, os afeccionados logran obter fotografías que constitúen novidade para a comunidade científica.

De feito, nesta pequena escolma de fotografías, quixen incluír dúas desas novidades:
  • o áfido Plocamaphis flocculosa, do que non se coñecía a súa presenza na Península Ibérica, de xeito que estas imaxes son as primeiras e únicas, de momento; e
  • o himenóptero Monsoma pulveratum, do que tamén se amosa aquí a primeira imaxe rexistrada na Península Ibérica.
 
E, froito desta mesma labor de “ciencia cidadá”, en próximas datas - a ver se poidera ser antes de rematada esta exposición- será comunicada unha novidade maior para a ciencia: unha especie nova. Non figura entre as fotografías expostas, pois foi descoberta en Vilalba despois da montaxe da exposición.
 
Ao pé das fotografías indícase a súa localización, agás nos casos sensíbeis. A inmensa maioría das fotografías están tomadas na vexetación de ribeira do río Madalena, mesmo no tramo do seu paseo fluvial. Tanto as especies que se expoñen coma outros invertebrados non amosados na exposición, dependen da vexetación de ribeira e sen ela non subsistirán. De feito, as podaduras e rozas periódicas desa vexetación propician a súa perda e, en consecuencia, a perda da diversidade noutros ordes de especies moito máis admiradas que os bichos.
 
 
 
 
 
 

 
voltar
¿Que ver?
Camiño de Santiago
Espazos Naturais
Aloxamentos e Restauración
Festas
Oficina de Turismo
Sicted