Buscar     
www.concellodeguitiriz.com
GUITIRIZ
Presentación da alcaldesa
Corporación
Historia
Localización Xeográfica
INFORMACIÓN XERAL
Contacte co Concello
Calendario Laboral
Teléfonos de interese
Centros docentes
Centros Médicos e Farmacias
Policía Local
Voluntariado
DEPORTES
Instalacións Deportivas
Escolas Deportivas Municipais
Calendario
Fotos
CULTURA
Escola de música
Banda Municipal
Biblioteca
Cemit
Uned Senior
Bandos
Actas
Ordenanzas
Impresos e Documentación
Actas xuntas de goberno local
Servicios
PAI
Centro de día
Servicio Axuda ao fogar
NOVIDADES
VÉN A NOITE EFERVESCENTE DE GUITIRIZ".
05/10/2018

“Noite Efervescente” é unha iniciativa do programa Efervesciencia da Radio Galega-USC e os seus «estreleiros», e no que colabora a Agrupación Astronómica “IO”, a Liga Provincial de Clubs de Ocio de Persoas con Discapacidade Intelectual da Coruña e o Concello de Guitiriz. Nesta edición a “Noite Efervescente” está adherida a World Space Week.

A “VI Noite Efervescente” terá lugar en Guitiriz o sábado 6 de outubro. Comezaremos gravando entre 20 e 21h un especial Efervesciencia desde a Casa Habanera de Guitiriz aproveitando a conmemoración do World Space Week, evento global no que participa a Noite Efervescente. E ás 22 h. gozaremos dunha observación pública do ceo desde a Área Recreativa de San Xoan da man dos nosos estreleiros, Martin Pawley, Irene Baspino e Borja Tosar.

Unha festa familiar da astronomía para todas as idades na que contamos como invitados especiais os amigos das asociacións Aspaber e Amipa. Agardámoste!
Programa e localizacións da VI Noite Efervescente

De 20 a 21 h. Recepción. Gravación de Efervesciencia na casa Habanera de Guitiriz .
De 21 a 22 h. Tempo de cea libre
De 22 h a 24 h. Observación pública na área recreativa de San Xoan. Gravación da segunda parte do programa de radio.

A actividade é apta para calquera tipo de público e idade (menores acompañados). Pódese asistir o tempo que cada quen desexe. Recoméndase levar roupa de abrigo á observación nocturna (sempre é mellor levar roupa de abrigo de mais que de menos). Levar bebidas quentes á observación tamén é unha boa opción.


 

voltar
¿Que ver?
Camiño de Santiago
Espazos Naturais
Aloxamentos e Restauración
Festas
Oficina de Turismo
Sicted