Buscar     
www.concellodeguitiriz.com
GUITIRIZ
Presentación da alcaldesa
Corporación
Historia
Localización Xeográfica
INFORMACIÓN XERAL
Contacte co Concello
Calendario Laboral
Teléfonos de interese
Centros docentes
Centros Médicos e Farmacias
Policía Local
Voluntariado
DEPORTES
Instalacións Deportivas
Escolas Deportivas Municipais
Calendario
Fotos
CULTURA
Escola de música
Banda Municipal
Biblioteca
Cemit
Uned Senior
Bandos
Actas
Ordenanzas
Impresos e Documentación
Actas xuntas de goberno local
Planos inventario de camiños
Servicios
PAI
Centro de día
Servicio Axuda ao fogar
NOVIDADES
INAUGURACIÓN DE EXPOSICIÓN IMAXE DO NADAL
05/12/2018

En Guitiriz, na Casa Habanera, ven de inaugurarse a exposición IMAXES DO NADAL, na que 9 fotógrafos lucenses reflicten as súas personais visións dos máis diversos aspectos do tempo de Nadal.
A mostra, que xa o pasado ano visitou Begonte, Lugo e Chantada, este ano pode verse en Guitiriz (3 ao 14 de decembro), Rábade (Casa do Concello), do 17 ao 31 de decembro, e en Vilalba, na Casa da Cultura, do 2 ao 15 de xaneiro próximo.
Esta organizada polo Centro cultural José Domínguez Guizán de Begonte (entidade promotora do Belén Electrónico begontino e das accións que conforman O NADAL EN BEGONTE), o Grupo Fotocinematográfico Fonmiñá e o Colectivop Egeria. Na mostra participan os fotógrafos EDUARDO OCHOA, MIGUEL CALVO, FERNANDO GAGO, MIGUEL FRAGA, JOSÉ MANUEL OTERO, JOSE MANUEL GUISASOLA, GL.MÉNDEZ, HIXINIO GLORES E TOÑI FERNÁNDEZ ÓNEGA (In memoriam), cun total de 39 fotografías . Seis destes fotógrafos participaron na inauguración desta mostra.
O coordinador, EDUARDO OCHOA, responsable de fotografía de Fonmiñá, explicou os contidos da mostra e presentou os fotógrafos participantes que acudiron á inauguración, agradecendo a iniciativa a Alcaldesa de Guitiriz, REGINA POLÍN, que se congratulou de que esta exposición poida ser vista en Guitiriz na Casa Habanera, un centro cultural con destacadas actividades, restaurado de xeito magnífico pola acción conxunta do Concello e a Mancomunidade de Montes.


voltar
¿Que ver?
Camiño de Santiago
Espazos Naturais
Aloxamentos e Restauración
Festas
Oficina de Turismo
Sicted
 
 
 
Aviso legal · Política de Cookies · Rexistro de actividades de tratamento