Buscar     
www.concellodeguitiriz.com
GUITIRIZ
Presentación da alcaldesa
Corporación
Historia
Localización Xeográfica
INFORMACIÓN XERAL
Contacte co Concello
Calendario Laboral
Teléfonos de interese
Centros docentes
Centros Médicos e Farmacias
Policía Local
Voluntariado
DEPORTES
Instalacións Deportivas
Escolas Deportivas Municipais
Calendario
Fotos
CULTURA
Escola de música
Banda Municipal
Biblioteca
Cemit
Uned Senior
Bandos
Actas
Ordenanzas
Impresos e Documentación
Actas xuntas de goberno local
Servicios
PAI
Centro de día
Servicio Axuda ao fogar
BANDA DE MÚSICA

No ano 1998, no noso concello de Guitiriz, nace a idea de formar unha banda de música có fin de que os mozos e non tan mozos da comarca tiveran unha boa formación cultural musical e tamén de algunha maneira dar a coñecer o noso concello, e en tan só dous anos fai a súa presentación nas festa de San Xoán de Guitiriz, baixo a batuta de D. Abel Riveira Pena.
A raíz de aí os/as alumnos/as da Escola Municipal de Música de Guitiriz fixeron o seu desexo realidade de non so ler as notas impresas nas partituras, senón, de dar a coñecer a súa arte por toda a xeografía galega e tamén máis alá das súas fronteiras.
Na súa primeira traxectoria  experimenta unha notable evolución, a Banda Municipal de Música de Guitiriz ofrece actuacións nas principais vilas da provincia, A Pastoriza, Vilalba, Meira, Taboada, Sober, Arzúa, Foz, Viveiro, A Pontenova, Castroverde, Antas de Ulla, Quiroga, Burela, Trabada… pequenas incursións na provincia de A Coruña coma Betanzos, Cambre, Boiro…,  no Principado de Asturias, Navia, Castropol, Vegadeo, Piedras Blancas, e dúas actuacións no País Vasco en Sestao e Barakaldo. No ano 2007, acompaña a Manolo Escobar nun concerto no Concello de Guitiriz. E non podemos esquencer a sua participación que fixo no programa “Desde Galicia para el mundo” de TVE.
No ano 2004, grava o seu primeiro compacto, cun amplo repertorio de gran dificultade, o cal foi moi ben acollido pola crítica e como non por toda a comarca da Terra Chá.
No ano 2014 realiza  a súa primeira xira internacional, por terras italianas.
A filosofía da nosa Banda é a innovación do repertorio, sen esquecernos nunca da música tradicional da nosa comunidade Galega; así como que a música sexa pedagóxica tanto para os músicos como para o público.
A banda está composta por  músicos moi novos cunha idade comprendida entre os 10 anos e os 24, que ademais de estar pendentes dos seus estudos obrigatorios, dedican moitas horas os ensaios e o estudio persoal do seu instrumento.
Dende a súa fundación a banda estivo dirixida polo Mestre D. Abel Riveira Pena.
Na actualidade a banda conta cun equipo de trabalo formado por  Carlos Diéguez (Director), Abel Riveira (Subdirector) e Adrián Pereira (Director das Bandas da Escola de Música).
 
 

 
¿Que ver?
Camiño de Santiago
Espazos Naturais
Aloxamentos e Restauración
Festas
Oficina de Turismo
Sicted