Lateral
imagen Parroquias | imagen

Pígara (San Pedro)

A parroquia de Pígara está situada a 15 Km de Guitiriz, e conta con 487habitantes segun o Padrón municipal do 2005, agrupados en 28 entidades poblacionais.

Por esta parroquia pasa o Camiño Norte de Santiago no seu paso polo concello de Guitiriz, nela os peregrinos e visitantes poden facer unha parada  na Area Recreativa de Ferreira, situada no lugar do mesmo nome. Ademais de facer unha parada, tamén poden  probar a   auga da “Fonte das Verrugas”, a crenza popular conta que as súas augas son boas para elimina-las verrugas.

Unha vez alí, ademais de descansar tamén poden visitar a “Capela de San Benito, que foi construída no S.XVII sobre outra anterior.

Desta capela destaca no seu exterior o pórtico con columnas e celosías e na súa fachada dúas pequenas ventas ós lados da porta. No seu interior non presenta retablos senón unha excelente talla de  San Benito do S. XVIII.

En Pígara tamén se conservan restos da cultura castrexa, como é o castro O Castro do pazo”, e fácil atopalo xa que atopase xusto o lado da pista que leva a aldea do pazo.

A Igrexa Parroquial de San Pedro de Pígara situada na aldea de Fontefría.

O río Ladra o seu paso pola parroquia de Pígara déixanos paraxes moi fermosas como “Os caneiros” na aldea de Purucelo, éste é unha estupenda zona para darse un baño rodeado de amplas pradeiras e as sombras de bidueiros.

As festas parroquias de Pígara son na honra a San Pedro o 29 e 30 de xuño, e o 27 de setembro celebrase a festa de San Benito.

Atrás

 

foto
foto2
foto2
foto2
foto2
foto2
foto2
medio
Guitiriz | Concello | Turismo | Parroquias | Espacios | Nota Legal | Engadir a Favoritos | Páxina de Inicio
Proxecto Cofinanciado pola Unión Europea Xunta de Galicia - Consellería de Innovación e Industria guitiriz núcleo de sostibilidade Plan Xeral do Concello de Guitiriz Icono de conformidad con el Nivel Doble-A, 
	de las Directrices de Accesibilidad para el 
	Contenido Web 1.0 del W3C-WAI