A parroquia de Roca está situada a 8,4 Km de Guitiriz e conta segun o Padrón municipal do 2005 con 91 habitantes, agrupados en 6 entidades poblacionais.
Nesta parroquia consérvanse restos de mámoas como é a “Medorra de Pena Gallada”, e tamén da cultura castrexa como é o “Castro de Quintán”.
A auga e os muíños son un dos principais atractivos turísticos de Guitiriz e bon exemplo desto pódese ver nesta parroquia.
Así, a Ruta da auga, o seu paso por esta Roca é unha das máis fermosas, e somérxenos nun remanso de paz e tranquilidade, camiñando a beira do río observando as cascadas, a maxestuosidade do bosque có rodea.
Un dos tramos con máis encanto é o que vai desde Pitero- Parga.
En Roca tamén abundan as fontes como a “Fonte do Ferreiro” (Roca-puente), “Fonte da Branca e coral” e a “Fonte de Bureiros” (Quintan).
Ademais da natureza en Roca tamén podemos disfrutas da súa arquitectura relixiosa, destacando a Igrexa Parroquial de San Xulián que data do primeiro tercio do S. XVIII , a súa fachada é de pedra labrada moi reformada , a estructura da nave é rectangular.
Fronte a igrexa podemos ver tamén un fermosos cruceiro. Xunto ca igrexa parroquial tamén destaca a Ermida de Santa Ana na aldea do mesmo nome (particular).
As festas parroquiais son na honra a San Xulián o 6 e 7 de xaneiro. |