Lateral
imagen Parroquias | imagen

Sambreixo de Parga

A Parroquia de Sambreixo está situada a 8,4 Km de Guitiriz, e segun o Padrón municipal do 2005 conta con 102 habitantes, agrupadas en 14 entidades poblacionais.

Por esta parroquia pasa o Camiño Norte de Santiago de Compostela.  Un dos lugares máis significativos de Sambreixo  é  San Alberte onde se atopa unha capela de estilo Gótico. Preto da capela atópase tamén  unha  fonte, que segun conta  a crenza popular  as súas augas  son boas para curar problemas relacionados cá fala.

Nos arredores da  Capela de San Alberte atópase un refuxio de pescadores ideal para facer un alto no camiño.

En San Alberte comeza a “Ruta da Auga”, que é unha ruta de sendeirismo que tenta unir as tres fontes mineiro medicinais (Fonte de Valdovin en Parga, San Xoán en Guitiriz, e a Fonte de Santo Domingo en Pardiñas)do concello co Camiño Norte de Santiago de Compostela.

A igrexa parroquial de Sambreixo situada no lugar de Toar,  é outro dos seus atractivos turísticos.
O seu estilo era inicialmente Románico, xa que o edificio primitivo pertence ó século XII, cun pequeno vano e algúns canecillos moi sinxelos.

Outro dos alicientes para visitar Sambreixo son as fantásticas vistas que hai dende o seu mirador.

As festas parroquiais de Sambreixo son  o na honra a San Remixio o primeiro fin de semana de outubro; e a Romaría popular de San Alberte celebrase  o terceiro fin de semana de maio.

Atrás

 

foto
foto2
medio
Guitiriz | Concello | Turismo | Parroquias | Espacios | Nota Legal | Engadir a Favoritos | Páxina de Inicio
Proxecto Cofinanciado pola Unión Europea Xunta de Galicia - Consellería de Innovación e Industria guitiriz núcleo de sostibilidade Plan Xeral do Concello de Guitiriz Icono de conformidad con el Nivel Doble-A, 
	de las Directrices de Accesibilidad para el 
	Contenido Web 1.0 del W3C-WAI