Lateral
imagen Parroquias | imagen

San Salvador de Parga

A parroquia de San Salvador está situada a 7, 8 Km de Guitiriz e segun o Padrón municipal do 2005 conta con 136 habitantes agrupados en  16 entidades poblacionais.

Nesta parroquia atópase  un dos lugares máis emblemáticos de Guitiriz, a Aldea de Bascuas, onde esta situada unha fermosa Capela, entorno a que se celebra, os días 14 e 15 de agosto  a “Romaría popular da Nosa Señora de Bascuas”, tamén chamada “ Festas das  Nosas Raíces”.

O santuario foi centro de peregrinación ata comezos do S.XX e debido a gran afluencia de fieis que tiña, os señores de Guitiriz e Baamonde donos do territorio no S. XVIII decidiron dotalo dun eremitorio para que o capelán  puidese  atender as moitas necesidades dos  fieis o que motivou que se ampliara a capela.

Entre as moitas tradicións que se lle atribúen a este  santuario a máis importante foi o poder atribuído a súa chave para curar as persoas que foran mordidas por cans con rabia.

Contan os devotos cá auga que mana da Fonte da Veiga nas proximidades do santuario ten poderes curativas e moitos son os que a collen o día da romaría para levala a súa casa.

Na aldea de Vilaveiga esta situada a igrexa parroquial de San Salvador, que foi levantada de nova planta, en estilo neogótico, entre os anos 1910-1914, desaparecendo así a primitiva igrexa románica.

Nesta parroquia destacan as Cruces e Os Cruceiros, así unha das máis significativas é  A CRUZ DE BASCUAS, preto do santuario da Nosas Señora de Bascuas, é unha cruz monolítica, rústica cun receptáculo e unha pequena pila para a auga bendita na súa plataforma, algo que é moi inusual.

Ademais desta cruz destaca O CRUCEIRO  DO PAZO DA CASANOVA, situado nunha propiedade privada é moi chamativo porque presenta un cristo crucificado moi desproporcionado e os seus pes unha figura en actitude orante.

As festas patronais de San Salvador son o segundo fin de semana de maio.

Atrás

 

foto
foto2
foto2
foto2
medio
Guitiriz | Concello | Turismo | Parroquias | Espacios | Nota Legal | Engadir a Favoritos | Páxina de Inicio
Proxecto Cofinanciado pola Unión Europea Xunta de Galicia - Consellería de Innovación e Industria guitiriz núcleo de sostibilidade Plan Xeral do Concello de Guitiriz Icono de conformidad con el Nivel Doble-A, 
	de las Directrices de Accesibilidad para el 
	Contenido Web 1.0 del W3C-WAI