Lateral
imagen Parroquias | imagen

Santiago de Trasparga

A parroquia de Trasparga está situada  a 5 Km de Guitiriz e conta con 185 habitantes segun o Padron municipal do 2005, agrupados en 16 entidades poblacionais.

Trasparga ocupa un lugar moi importante na historia do concello de Guitiriz xa que no ano 1834 cando se crearon os concellos, éste chamábase Trasparga e tiña a súa sé a beira da actual N- VI, a altura do Mesón da Cabra.

A igrexa parroquial de Trasparga é  románica , e foi  ampliada no Século XX, da construcción primitiva consérvase unha porta convertida  en ventá no muro dereito e unha portada románica con dobre arco semicircular no esquerdo.

A Capela Maior ampliouse en 1910, e foi restaurada en 1995  có fin de limpar e deixar a pedra dos seus muros a vista. A súa fachada presenta unha porta con arco apuntado e tímpano,e unha espadana.

O pavimento cubriuse con baldosas e as paredes levan protección a base de listóns de madeira. No seu interior, preside un retablo barroco do século XVIII con Santiago Peregrino, San Xosé  e San Blas.

Nos laterais, hai outros dous retablos, un moderno con Inmaculada, Fátima e San Antonio que ten  columnas salomónicas que proceden dun antigo retablo de os Vilares, e outro tamén actual presidido pola Dolorosa.  

Destaca tamén o cruceiro que hai no atrio da igrexa.
Ademais da Igrexa Parroquial en Trasparga hai varias Capelas como por exemplo “A Capela de San Xusto”  no barrio de Cal , e A Capela de San Xosé no barrio deVilanova.

En Trasparga o igual que no resto do concello abundan as fontes como a “Fonte  de Requeixada e do Francés en Prado, a Fonte da Veiga do vento  e da Renla en Vilanova,  a Veiga de Aurelio en Pasarín.

As festas patronais de Trasparga son na honra a Santiago  o 24 e 25 de xullo.

Atrás
noticias
medio
Guitiriz | Concello | Turismo | Parroquias | Espacios | Nota Legal | Engadir a Favoritos | Páxina de Inicio
Proxecto Cofinanciado pola Unión Europea Xunta de Galicia - Consellería de Innovación e Industria guitiriz núcleo de sostibilidade Plan Xeral do Concello de Guitiriz Icono de conformidad con el Nivel Doble-A, 
	de las Directrices de Accesibilidad para el 
	Contenido Web 1.0 del W3C-WAI