Lateral
imagen Parroquias | imagen

Os Vilares (San Vicenzo)

A parroquia de “Os Vilares” está situada a 7 km de Guitiriz e conta con 604 habitantes segun o Padrón municipal do 2005, agrupados en 43 entidades poblacionais.

O igual que no resto das parroquias que forman o concello de Guitiriz, Os Vilares tamén posúe un gran patrimonio histórico cultural, así destaca a súa Igrexa Parroquial situada na praza do Campo da Festa nas Reixas, e o Calvario ( conxunto de cruceiros que representan a Pasion e morte de Xesús) que esta ó lado da igrexa.A igrexa dos Vilares comezou sendo unha capela do século XII, e despois de sucesivas transformacións converteuse na igrexa que é hoxe.

Tamén conserva restos da cultura castrexa como o Castro das Reixas.

Outro dos tesouros de esta parroquia é a PENA ROLDAN situada no lugar da Reboira,  é unha enorme rocha  situada nun contorno natural que a fai digna de ver, e sobre todo se coñecemos a súa lenda.

Esta lenda conta que  Roldán ( lexendario guerreiro compoñente dos doce pares de Francia, o servizo de Carlomagno) cando estaba nos seus últimos anos de vida veu a estas terras para defendelas dos seus inimigos mouros.
Cando trataba de escorrentar os seus rivais aproximouse a este lugar e chamoulle a atención a enorme rocha que alzaba nel. O sentir que se achegaba o seu final decidiu deixar unha marca, por elo tomou a súa espada e partiu en tres a rocha, despois volveuna  a coller e abriu un dos trozos deixando un especie de cruz latina alargada que gardaría o recordo da súa espada.

Siguiente >>
Atrás

 

foto
foto2
foto3
foto4
foto5
medio
Guitiriz | Concello | Turismo | Parroquias | Espacios | Nota Legal | Engadir a Favoritos | Páxina de Inicio
Proxecto Cofinanciado pola Unión Europea Xunta de Galicia - Consellería de Innovación e Industria guitiriz núcleo de sostibilidade Plan Xeral do Concello de Guitiriz Icono de conformidad con el Nivel Doble-A, 
	de las Directrices de Accesibilidad para el 
	Contenido Web 1.0 del W3C-WAI