|
 |
Parroquias | |
 |
|
O Buriz |
A parroquia do Buriz está situada ó norte do concello de Guitiriz, a uns 11 km aproximadamente do núcleo municipal. Segun o Padrón municipal do 2005, conta con 421habitantes, agrupados en 32 entidades poblacionais.
|
| O Buriz posúe unha gran patrimonio histórico cultural, así, conserva numerosos restos da cultura castrexa, como poden ser: “O castro do Forno” ou “Castro da abeleira”, tamén posúe petroglifos como “Petroglifo Agro das Calzadas”, ou petroglifo de “Pena Vicuda” |
A igrexa parroquial de San Pedro do Buriz está situada na aldea de Graña.
Destaca a súa fachada do Século XVII, cunha capela da virxe do Carme de 1763 e imaxinería do século XVIII e na sancristía a cruz procesional de prata e unha “ara romana”, que actualmente está situado no atrio unido a un pedestal circular.
Destaca tamén o “Calvario da Graña” situado neste mesmo lugar no atrio exterior da igrexa. O cruceiro que forma parte dese calvario chama a atención pola decoración do seu fuste cunha semicolumna ornamentada con cadeas e un galo,atributos do patrón San Pedro que representan seu triple encarceramento e súa negación e arrepentimento respectivamente.
Xunto có calvario da Graña, podemos ver o “cruceiro de Riotorto” situado nunha encrucillada de camiños preto da aldea de Riotorto , conserva unha inscrición indicando os seus promotores e a súa data.
Ademais da igrexa parroquial, o Buriz posúe fermosas capelas como a :
A capela da nosa Señora de Fátima , en Corvite de abaixo.
A capela da N.S de Lourdes , situada na aldea de Xestoselo.
|
| As festas patronais do Buriz son na honra a San Pedro o primeiro fin de semana despois do San Xoán. Ademais do San Pedro, no Buriz celebrase o último fin de semana de maio a “Festa do Carme”, que é coñecida popularmente como a festa da xuventude. |
|
 |
|
|
|
|
|