Lateral
imagen Parroquias | imagen

Labrada (Sta María)

A parroquia de Labrada está situada a 14,3 km do núcleo municipal e conta con 313 habitantes según o Padrón do 2005, agrupados en 39 entidades poblacionais.

En  Labrada, destaca a súa igrexa parroquial e o conxunto monástico da  Granxa. Labrada era unha das propiedades máis importantes do Mosterio de Monfero. A parroquia creouse no século XIII a raíz da necesidade de atender cristianamente ós fieis deste amplo territorio.

Así, construíuse un pequeno conxunto monástico, que se chamou A Granxa”.

Xunto co complexo monástico da Granxa destaca  a   Igrexa Parroquial de Santa María , situada  no lugar de Mallo,  é un templo románico reconstruído no S. XVII e no S.XVIII .

Destaca  a  imaxe popular da Virxe con arco adintelado do S. XVIII e hornacina, no  seu muro dereito consérvase a porta primitiva, e no prebisterio o retablo maior barroco popular do S.XVIII. 

En Labrada, tamén destacan as “mámoas ou medorras” como poden ser a “Medorra de Formosa” en o Castro ou a “Medorra da Pena dos Nenos” en Serra da Loba.

Ademais das mámoas, tamén destacan os castros como son O Castro de Margá , situado na aldea do mesmo nome, na ladera da colina en vez de nun alto como soe ser habitual , ou o Castro da Torre en A Torre.  

A festas patronais de Labrada son na honra a Sta María os días 14 e 15 de agosto.

Atrás

 

foto
foto2
foto3
medio
Guitiriz | Concello | Turismo | Parroquias | Espacios | Nota Legal | Engadir a Favoritos | Páxina de Inicio
Proxecto Cofinanciado pola Unión Europea Xunta de Galicia - Consellería de Innovación e Industria guitiriz núcleo de sostibilidade Plan Xeral do Concello de Guitiriz Icono de conformidad con el Nivel Doble-A, 
	de las Directrices de Accesibilidad para el 
	Contenido Web 1.0 del W3C-WAI