A parroquia de San Xoán de Lagostelle comprende o núcleo municipal: Guitiriz, e as aldeas de Acevedo, Amariz, Anxede , Arxá, Barreiro, Belote, Cabanacomba, Cezar , Escádebas, Xomelio ,A Landoreira, Os Liñares, Pardiñas, O pazo , O Sanguiñedo , Senande, Sesulfe, A Torre.
Segun o Padrón municipal do 2005 conta con 1933 habitantes.
A esta parroquia pertence a “Área Recreativa San Xoán de Lagostelle” e a “ Área Recreativa dos 7 muíños” que son unhas paraxes naturais que nos permiten entrar de cheo en contacto coa natureza e coñecer de primeira man a flora e a fauna local.
De singular atractivo é o que ocorre na “Area Recreativa San Xoán de Lagostelle” ( coñecida popularmente como o pantano por estar situado o seu lado) a tardiña cando as ras comezan a croar creando un son moi fermoso que simula un pequeno concerto musical. |
Outro dos espazos naturais a destacar desta parroquia é o paseo fluvial que vai desde a Ponteveiga ata os Sete Muíños, este paseo forma parte dun tramo da Ruta da Auga.
Neste percorrido camiñamos á beira do río disfrutando dos rebulires de auga, das cascadas, das árbores e as formas que estes adoptan. É un paseo moi agradable, ideal para facer en calquera época do ano, e así ver como vai cambiando a paisaxe nas diferentes estacións .
Nesta parroquia, no núcleo municipal , destacaríamos o Reloxo Analemático de Sol , situado no campo da feira. Chámase así, porque o gnomon desprazase o longo do ano segun a declinación solar.
Así, é o propio observador quen situado sobre a data sinala a hora coa súa propia sombra.
|