Lateral
imagen Parroquias | imagen

Santa Mariña

A Santa Mariña queda a uns 4,7 km de Guitiriz, e segun o Padrón municipal conta con 187 habitantes, agrupados en 12 entidades poblacionais.

Nesta parroquia tamén abundan as mámoas como por exemplo a “Mámoa de Os Penedos” en as Poceiras, a mámoa do “Marco de Portovello” no Portovello.

A súa Igrexa Parroquial comezou sendo unha pequena capela dedicada a honra da Virxe do Carme, dependente da parroquia de Guitiriz , que o ser creada como parroquia en 1898 púxose baixo a advocación de Santa Mariña, e que logo foi ampliada; pero un incendio en 1950 non deixou practicamente nada, tendo que reconstruír un novo templo.

Tanto a fachada como os muros laterais mostran a sillería a vista, despois dunha recente restauración  na que se  limpou de cal os laterais.  A fachada e sinxela con remates en cruces e espadana, a campá leva escrito “Santa María”.
No interior presenta dous retablos actuais , o maior porta as figura da Santa Mariña, Santa Lucía e Corazón de Xesús”.

Xunto a igrexa no atrio atopase o cruceiro.
Nesta parroquia destaca a Fonte da Igrexa, que se acha  empotrada no muro que conforma o atrio da Igrexa Parroquial pero o máis curioso é que o manantial nace por debaixo do altar da igrexa. A fonte foi reformada no ano 1990.

O lado da igrexa hai unha pequena “Área Recreativa”, con mesas e bancos de pedra.
 A vía do tren influenciou na estructura territorial da Santa Mariña xa que divide  en dous a esta parroquia. 

As súas festas patronais son na honra da Virxe do Carme, e celébranse o fin de semana máis preto o 16 de xullo.

Atrás
noticias
medio
Guitiriz | Concello | Turismo | Parroquias | Espacios | Nota Legal | Engadir a Favoritos | Páxina de Inicio
Proxecto Cofinanciado pola Unión Europea Xunta de Galicia - Consellería de Innovación e Industria guitiriz núcleo de sostibilidade Plan Xeral do Concello de Guitiriz Icono de conformidad con el Nivel Doble-A, 
	de las Directrices de Accesibilidad para el 
	Contenido Web 1.0 del W3C-WAI