A parroquia das Negradas está situada a 9 Km de Guitiriz e, según o Padrón municipal do 2005 conta con 103 habitantes, agrupados en 21 entidades poblacionais.
Dende esta parroquia pódese disfrutar dunhas fermosas vistas panorámicas subindo ó alto da “Cova da Serpe”, dende alí divísase todo Guitiriz, o que fai desta vista unha preciosa “fotografía”. Éste é un lugar ideal para disfrutar da natureza, coñecer a flora e fauna local ademáis e moi fácil atoparse con cabalos, vacas.....
A Cova da Serpe esta rodeada por unha fantástica lenda, “segun ésta a serpe que habitaba na cova tiña un tamaño descomunal . Cóntase que cando saía para comer a súa boca capturaba reses nos campos de Miraz, pero que a súa cola non saía completamente da “Pena furada” ,e entre un punto e outro hai 8 Km en liña recta. Os veciños da comarca tíñanlle moito medo , non só polo seu tamaño senón porque comía vacas enteiras e incluso homes.
Dícese que para acabar con ela puxéronlle diante un burro untado con alquitran,o que tragou sen dubidar e entonces prendéronlle lume”. |
Nesta parroquia abundan os muíños de auga, os máis coñecidos e de fácil localización son o “Muíño da Devesela” e o “Muíño do Crego” ambos están situados no na aldea do Lousado, consérvanse en bon estado, de feito o segundo funciona e datan aproximadamente do 1875 e 1900, respectivamente.
As festas parroquiais de Negradas son o último fin de semana de setembro na honra de San Miguel. |