Buscar     
www.concellodeguitiriz.com
GUITIRIZ
Presentación da alcaldesa
Corporación
Historia
Localización Xeográfica
INFORMACIÓN XERAL
Contacte co Concello
Calendario Laboral
Teléfonos de interese
Centros docentes
Centros Médicos e Farmacias
Policía Local
Voluntariado
DEPORTES
Instalacións Deportivas
Escolas Deportivas Municipais
Calendario
Fotos
CULTURA
Escola de música
Banda Municipal
Biblioteca
Cemit
Uned Senior
Bandos
Actas
Ordenanzas
Impresos e Documentación
Servicios
PAI
Centro de día
Servicio Axuda ao fogar
OMIX


¿Qué é?
A Omix é un espazo pensado para os mozos e mozas, co obxectivo de facilitarles o acceso a toda a información que sexa do seu interese, con criterios de fiabilidade e utilidade.

¿Onde está?
Está situada na Casa do Concello, na pranta baixa.

O horario de atención ó público é o seguinte:

Polas Mañás
: De Luns a Xoves de 10:00 a 14 horas.
Venres de 10:00 a 15:00 h.
Polas Tardes
: Luns de 16:00 a 20:00h.

Contacto:
Na propia oficina, mediante atención presencial

Por teléfono: 982.370109 e por fax: 982.372178

Por correo electrónico: omix@concellodeguitiriz.com

Por carta:

Omix Concello de Guitiriz
Rúa do Concello Nº 4
27.300 Guitiriz (Lugo)

¿Para que serve?

A información é o principal sevizo que ofrece a Omix en varias áreas temáticas importantes:
· Educación: carreiras universitarias, formación profesional, plans de estudo, centros de ensino, sistemas de acceso, formación non regrada, saídas profesionais, residencias estudantes, bolsas e axudas, outros recursos, …
 
· Lecer e cultura: difusión de actividades e programacións socio-culturais: exposicións, cine e teatro, conferencias, xornadas, …

·
Sociedade: dereitos e deberes, axudas á vivenda, participación cidadá, …

·
Saúde: fomento de estilos de vida saudables e prevención dos mozos e mozas neste ámbito: nutrición, saúde mental, drogadicción, sexualidade, …

· Vacacións: recursos necesarios para fomentar e estimular a cultura viaxeira da mocidade sacando o máximo partido dentro das súas posibilidades económicas e dos seus intereses.

· Outros: campamentos, actividades organizadas polo Concello, programas da D.X. de Xuventude e Solidariedade, outras axudas, cursos de interese, concursos, …

Se algún tipo de información solicitada non pode ser facilitada pola Omix, derivarase correctamente a outras seccións do Concello ou a outras entidades onde se poderá obter unha información máis completa e suministrada por profesionais na materia.
Tramitación do Carné Xove:
· Que é: o Carné Xoveé unha tarxeta persoal e intransferible a disposición da mocidade galega coa que poden obter descontos e vantaxes na Comunidade Autónoma de Galiza, no resto das comunidades autónomas españolas e nos 40 países europeos adheridos ó programa do Carné Xove.

·
Beneficiarios: tódolos mozos e mozas entre 12 e 30 anos, ámbolos dous incluídos.

·
Expedición: cubrir o impreso de solicitude, presentar o DNI e pagar 6 €.

·
Validez: ten unha vixencia de 2 anos contados a partir da data da súa expedición.

·
Vantaxes: acceso a diferentes bens e servizos que abranguen tódolos ámbitos: cultural, aloxamento, transportes, comercio, viaxes, ensino, ocio, …
¿Que ver?
Camiño de Santiago
Espazos Naturais
Aloxamentos e Restauración
Festas
Oficina de Turismo
Sicted