Buscar     
www.concellodeguitiriz.com
GUITIRIZ
Presentación da alcaldesa
Corporación
Historia
Localización Xeográfica
INFORMACIÓN XERAL
Contacte co Concello
Calendario Laboral
Teléfonos de interese
Centros docentes
Centros Médicos e Farmacias
Policía Local
Voluntariado
DEPORTES
Instalacións Deportivas
Escolas Deportivas Municipais
Calendario
Fotos
CULTURA
Escola de música
Banda Municipal
Biblioteca
Cemit
Uned Senior
Bandos
Actas
Ordenanzas
Impresos e Documentación
Servicios
PAI
Centro de día
Servicio Axuda ao fogar
Voluntariado
O traballo do voluntariado é fundamental para a sociedade, xa que contribúe o benestar da mesma. Os voluntarios son todas aquelas persoas que serven a unha comunidade por decisión propia e libre, e que non cobran polo seu traballo. 
Son varias as motivacións que animan a xente a facerse voluntario como son:

Altruísmo:  o beneficio doutro sen recibir ningunha gratificación económica por elo.

Solidariedade: traballase non so para outros senón con outros, sentindo seus problemas como propios, igual cás accións para solucionalos e os beneficios así obtidos.

Calidade de vida: axudar a outros fai sentirse ben os voluntarios.

Devolución de favores recibidos: persoas que se beneficiaron do traballo voluntario de outros devolven o recibido a sociedade.

Conviccións relixiosas: a fe move os voluntarios crentes.

Aumentar posibilidades de traballo: moitos empresarios valoran o traballo voluntario por iniciativa, responsabilidade, etc dos que o realizan. O voluntariado é especialmente útil para encontrar traballo no campo social.

Aumentar as relacións sociais: a través do voluntariado se soe coñecer a moita xente. Ademais os voluntarios que se adican a un mesmo fin solen ter intereses comúns.

O voluntariado pode se de dúos tipos: 


Voluntariado formal ( realizado dentro de organizacións non lucrativas).

Informal
( os voluntarios actúan individualmente ou en grupos non rexistrados)

As condicións que deber ter o traballo voluntario son :

Ser desinteresado: o voluntario non persegue ningún tipo de beneficio nin gratificación pola súa axuda.

Ser intencionado: persigue un fin e un obxectivo positivo ( buscar un a una mellor situación de outra persoa ou situación) e lexitimo ( o voluntario goza de capacidade suficiente para realizar a axuda e de certo consentimento por parte do outro que permite que lle axude).

Esta xustificado: é dicir, que responde a unha necesidade real do beneficiario/a. Non é un pasatempo nin un entretemento sen máis, senón que persigue a satisfacción dunha necesidade que definimos previamente como tal. Xeralmente busca o beneficio do outro a través dun esforzo persoal, movido por algo, buscando como dicimos un fin xustificado.

O Voluntariado complementa a labor da administración pública e dos profesionais da acción social, pero nunca os debería sustituír nin suplantar.

O Concello de Guitiriz posúe unha rede de voluntariado é un amplo campo onde traballar como son:
  • Tarefas medioambientais.
  • Acompañamento de maiores.
  • Colaboración en tarefas cultarais e socio educativas.
  • O baile domincal dos maiores.
  • E longo etc
Se queres formar parte do voluntariado do Concello , podes facelo chamando o 982-370-109 ou ben cubrindo a ficha adxunta é enviala a info@concellodeguitiriz.com

DESCARGAR A FICHA DE INSCRIPCIÓN


¿Que ver?
Camiño de Santiago
Espazos Naturais
Aloxamentos e Restauración
Festas
Oficina de Turismo
Sicted