DONA MARISOL MORANDEIRA MORANDEIRA, ALCALDESA-PRESIDENTA DO CONCELLO DE GUITIRIZ (LUGO)

FAI SABER:

Que a Subdelegación do Goberno en Lugo, autorizou á Federación Galega do Rifle e Tiro Olímpico (FEGATO), RE. no concello do 20/05/2022 RC 1874/2022, para uso das instalacións do Campamento Militar de Parga-Guitiriz (Lugo) para celebración dos seguintes campionatos:

  • -  Campionato de España F-Class Producción 500 e 600 iardas, para os días 23, 24, 25 e 26 de xuño de 2022.

  • -  Campionato de España F-Class longa distancia 900 e 1000 iardas, para os días 21, 22, 23, 24 e 25 de xullo de 2022.

    O que se fai público para xeral coñecemento.

    A Alcaldesa,
    Marisol Morandeira Morandeira