Informamos á veciñanza que debido aos traballos de mellora do firme, o luns 20 e o martes 21 de xuño, permanecerá cortada ao tráfico a estrada provincial LU-P-2303, que une Parga con Santalla, pasando por Pedrafita.

O corte dividirase en dous tramos: o primeiro día realizarase no tramo comprendido entre o desvío a 'Viveiros Anuca' e a estrada de Santa Leocadia.

O segundo día permanecerá pechado ao tráfico o tramo entre rúa das Peniñas ata a altura do desvío a 'Viveiros Anuca'. Debido a isto habilitaranse desvíos para os vehículos, podedes consultar os tramos alternativos na imaxe. Pregamos desculpedes as molestias que poida causar.