A Escola de Música Municipal do Concello de Guitiriz xa ten aberto o prazo de matrícula para o vindeiro curso 2021/2022.

Teredes ocasión de formalizala ata o 25 de setembro de 2021, en materias como Iniciación, Instrumento e Linguaxe Musical a partir de 8 anos, Banda, Agrupación Moderna e Agrupación Tradicional. 

Achégate ás oficinas do Concello e desfruta dun ano moi musical! 

Toda a información aquí. 

Descarga a solicitude da matrícula aquí.

Descarga o recibo da matrícula aquí.