Cambio de horario do Servizo de Atención Temperá de Guitiriz para a atención integral a nenos e nenas de 0 a 6 anos de idade.

Estará situado na aula multiusos do Telecentro (planta baixa) e Guitiriz contará co seguinte persoal neste horario:

▪ Terapia ocupacional (martes de 9:30 a 15:00 horas e venres de 15:00 a 19:30 h.).

▪ Logopedia (luns de 16:00 a 20:00 h., mércores de 10:00 a 14:00 horas e venres de 16:00 a 19:30 h.).

▪ Fisioterapia (martes de 9:30 a 15:30 horas).

As persoas interesadas poderán solicitar cita previa no teléfono 618 752 574.