O Concello de Guitiriz, en colaboración Instituto Galego de Consumo e da Competencia, realizarán o vindeiro 22 de xullo ás 12:30 horas, unha charla informativa sobre a nova tarifa de luz.

Terá lugar na Aula CeMIT de Guitiriz e darase información e asesoramento á cidadanía en relación aos cambios na nova tarifa e na factura eléctrica que se produciron no pasado mes de xuño deste ano.

Ao rematar o coloquio haberá unha rolda de preguntas para resolver as dúbidas que as persoas participantes poidan ter.

As prazas son límitadas, polo que cómpre anotarse no teléfono: 982 370 062 ou no enderezo electrónico: cemit.guitiriz@xunta.gal.