• Terá lugar este venres, 17 de decembro, ás 17 horas na Casa Habanera e ás 18:30 horas na Escola Campo da Feira en Parga.

A Casa Habanera e a Escola Campo da Feira en Parga acollerán este venres, 17 de decembro, unha reunión informativa sobre o programa de compostaxe doméstica conxunto entre
os Concellos de Guitiriz e Xermade.

O obxectivo das charlas é o de aportar aos usuarios e usuarias desta iniciativa as chaves para facer un bo uso do programa de compostaxe. Os asistentes recibirán o seu composteiro xunto cun cubo de bioresiduos para ter na casa e un aireador. Os representantes da empresa adxudicataria ensinarán como utilizar todo o material.

O encontro na Casa Habanera será ás 17 horas e na Escola Campo da Feira en Parga será ás 18:30 horas. Proximamente farase outra charla para explicar o uso dos composteiros comunitarios que se inclúen neste proxecto conxunto e que están dirixidos á poboación do núcleo urbano.