A Aula CeMIT de Guitirz acolle cursos de informática dirixidos á rapazada de entre 8 a 11 anos.

O curso impartirase todos os mércores, en horario de 16:30 a 18:30 horas. As prazas son limitadas e as persoas interesadas poderán anotarse na propia aula CeMIT en horario de 10:00 a 14:00 horas.

O prazo para anotarse vai do 8 ao 10 de novembro e as inscricións realizaranse por orde de solicitude. 

Máis información no teléfono: 982 37 00 62