A Escola de Música de Guitiriz foi creada no ano 1996 por iniciativa do concello co fin de ofertar unha formación musical e achegar todo tipo de música aos/ás veciños/as do municipio e os seus arredores. Encóntrase situada nunha das aulas habilitadas para tal fin dentro da nave municipal do SENPA. Os obxectivos que persigue son:
- 1. Achegar a música a todos os sectores sociais.
- 2. Prestar o soporte e a guía necesaria para o aprendizaxe e a valoración critica da música.
- 3. Adquirir a técnica necesaria para que o/a alumno/a poida desenrolar o dominio do instrumento.
- 4. Adquirir o hábito de escoitar música e asistir a concertos.
- 5. Adquirir o habito de tocar en conxunto.
- 6. Comprensión e interpretación dos distintos estilos musicais.
MATRÍCULA
O prazo para formalizar a matrícula comeza a principios de setembro. Previamente o alumnado tivo que solicitar en xuño a reserva de matrícula (para os alumnos que xa estiveran matriculados o ano pasado, e solicitude de reserva de praza para novos/as alumnos/as). No mes de setembro informarase do prazo para formalizar a inscrición, así como dos horarios , materias e lugares onde se van impartir.
Para calquera consulta ou dubida CONTACTAR coa ESCOLA DE MÚSICA :
ESCOLA DE MÚSICA
Rúa do Concello, 4 - 27300 - Guitiriz - Lugo
Telf: 982 370 109 / 698 107 179. Fax: 982 372 178
Email: esmu@concellodeguitiriz.com