Este inverno, aventúrate na natureza

O Concello de Guitiriz pon en marcha a actividade 'Aventúrate na natureza', destinada a menores de entre 6 e 12 anos. As e os pequenos que queiran desfrutar do aire libre xogando e divertíndose poderán apuntarse ata o 7 de xaneiro.

A iniciativa desenvolverase entre o 10 de xaneiro e o 8 de abril e haberá dous grupos, un os luns de 16:00 a 18:00 horas, e outro os venres no mesmo horario. As inscricións, cun custo de 15 euros, deberán formalizarse presencialmente con cita previa, ou virtualmente a través da sede electrónica. 

Para máis información pódese chamar ao 982 37 01 09.

Solicitude para 'Aventúrate na natureza' de inverno.