O piloto da Escudería Moeche, Fran Pico, alzouse como gañador do III Slalom Concello de Guitiriz 'Gran Premio Ruta da Auga'. A primeira proba puntuable para o campionato galego de slalom congregou no Campo da Feira a moitos afeccionados e afeccionadas ao motor nunha xornada na que o tempo acompañou, favorecendo o espectáculo. 

Na categoría feminina, patrocinada por 'Whash-Up Guitiriz' foi Laura Rañal (Scratch Fene) a que conseguiu o mellor tempo e o premio, dotado de 300 euros. En modalidade Iniciación e Debutante, que se estreaban nesta terceira edición, Iván Picallo (Escudería Moeche) e Jesús Veiga (Scratch Fene), foron os gañadores, respectivamente. 

A alcaldesa de Guitiriz, Marisol Morandeira, fixo a entrega de premios aos gañadores, que tamén recibiron como obsequio especial unha saborosa torta de millo.

Táboa de resultados

  • Gañador categoría absoluta: Fran Pico (Escudería Moeche).
  • Subcampión categoría absoluta: Diego González (Escudería Moeche).
  • Gañadora categoría feminina 'Wash-up Guitiriz': Laura Rañal (Scratch Fene).
  • Gañador categoría iniciación: Iván Picallo (Escudería Moeche).
  • Gañador categoría debutantes: Jesús Veiga (Scratch Fene).