O Concello de Guitiriz abrirá este luns, 13 de setembro e a partir das 8:30 horas, o prazo de inscrición para as Escolas Deportivas Municipais para o curso 2021/2022. 

Poderá facerse efectiva ata o 24 de setembro a través da sede electrónica ou solicitando vez no Rexistro Municipal para facelo de forma presencial, en horario de 8:30 a 14:30 horas. 

As prazas cubriranse por estrita orde de inscrición e non se poderá inscribir unha mesma persoa na mesma actividade en dous grupos diferentes. O prezo das actividaqdes será de 12 euros ao mes por alumno/a e actividade e o prezo da matrícula de 10 euros, que se aboará unha vez que a persoa estea admitida na actividade solicitada. Xunto coa inscrición, será necesario adxuntar unha certificación bancaria. 

A oferta deportiva abrangue desde o fútbol sala, ximnasia rítmica, patinaxe de grupo en Guitiriz e Parga, tenis de mesa, ximnasia de rehabilitación en Guitiriz e Parga, actividades aeróbicas, zumba infantil, baloncesto, atletismo e campo a través, pilates e ioga. 

Para máis información: 

Declaración responsable

Recibo de matrícula

Solicitude de inscrición

Tríptico informativo