O Concello de Guitiriz abrirá o vindeiro luns, 13 de setembro e desde as 8:30 horas, o prazo para matricularse nas Escolas Deportivas Municipais. 

Estará aberto ata o 24 deste mes, e inclusive durante máis días no caso de que queden prazas libres nas actividades correspondentes. 

As solicitudes poderanse presentar mediante sede electrónica ou presencial, solicitando cita previa no 982 37 01 09. O pago debe realizarse unha vez confirmada a admisión antes de comezar a actividade. Si se mantén na actividade durante todo o curso, procederase á devolución do 50% da matrícula. 

Podes consultar máis información no BOP do 13/04/2021.