O Concello de Guitiriz realiza ano tras ano un plan de renovación súa rede viaria, atendendo a aquelas nas que é máis urxente a substitución do firme. Para este obxecto destina no ano 2021 un total de 269.394,02 euros do Plan Único da Deputación de Lugo.

Así, xa se remataron de pavimentar as seguintes vías: os accesos entre Lea e Bustelo (Buriz-Vilares), accesos a Sante e Queimos (Trasparga), accesos a Roca, Casanova e Canteira, accesos aos núcleos de Forxa e Carelo e, por último, os accesos a Sambreixo e Lagostelle.

Ademais, xa están adxudicadas e pendentes de executar as seguintes actuacións de mellora do firme: Ferreiros e accesos O Castro (Santa Cruz), accesos a O Pazo, Acevedo e Landoeira (Lagostelle), acceso a O Pitero (Sambreixo) e o acceso a Abeledo.

Marisol Morandeira explica que “no equipo de goberno somos coñecedores de que, a pesar do investimento feito desde que chegamos ao Concello, aínda queda moito traballo por levar a cabo e faremos un esforzo para continuar coa mellora das vías de titularidade municipal” e engade que “ademais dos asfaltados do Plan Único tamén temos en marcha outros, feitos con fondos propios ou subvencionados a través doutras administracións”.