Tras a publicación da Lei 4/2021, do 28 de xaneiro, de medidas fiscais e administrativas na que se establecen, entre outros aspectos, unha exención no canon de auga e coeficiente de vertedura, dirixida a paliar os efectos da COVID-19 en determinados sectores, o Concello de Guitiriz está facilitando este procedemento tramitando a documentación necesaria para que os establecementos que poidan acollerse se beneficien desta exención.

Os abonados aos que vai dirixa dita exención son os seguintes:

  • Establecementos de restauración: restaurantes, salóns de banquetes, caferterías e bares.
  • Os seguintes establecementos de lecer e entretementos: salas de festas, discotecas, pubs, cafés espectáculo e furanchos.
  • Hoteis e aloxamentos turísticos. Neste grupo considéranse incluídos os balnearios.
  • Albergues turísticos.