A piscina fluvial dos Sete Muiños acollerá este domingo, 1 de agosto, de 16 a 19 horas as actividades fluviais gratuítas que organiza a Deputación de Lugo en 10 concellos da provincia, nos que está incluído o de Guitiriz.

Este programa está dirixido a un público familiar, podendo anotarse maiores de 6 anos de idade no propio lugar da actividade. Haberá actividades acuáticas, como kaiak, paddle surf, inchables, e outros xogos.
Estas actividades cumprirán en cada momento cos protocolos de prevención da Covid-19 que vaian determinando as autoridades sanitarias en función da evolución da pandemia.