O Concello de Guitiriz ven de adxudicar por 54.329 euros o proxecto para a renovación da estrada municipal que dá servizo ao núcleo de Ferreiros, que actualmente conta cun firme en rega asfáltico.

Os traballos a levar a cabo implicarán a limpeza de cunetas e a extensión dunha capa de aglomerado asfáltico nun total de 1.685 metros de firme, ademais do posterior pintado da vía. O prazo de execución dos traballos desde o seu inicio será de dous meses.