O vindeiro 14 de outubro ás 16:00 horas terá lugar na Casa Habanera o obradoiro 'Stand up Prevención de acoso na rúa', dirixido a persoas maiores de 16 anos.

Este taller, dunha hora de duración, dará a coñecer un conxunto de ferramentas demostradas que axudan á xente a intervir de maneira segura cando viven ou presencian unha situación de acoso en espazos públicos.

O obxetivo do Programa é formar á poboación para que denuncie e actúe contra esta lacra social.  As prazas son limitadas ata completar aforo.

Ademais, sortearanse 3 kits de 'Agresión OFF' entre as persoas asistentes!