Amtega e a Asociación de Empresas Galegas de Software Libre (Agasol) desenvolven o Programa “Girl STEAM”. O obxectivo desta iniciativa é dar maior visibilidade entre as nenas aos roles das mulleres no sector TIC e motivar desta maneira as súas vocacións tecnolóxicas. 

Data: luns 19 de xullo.

Horario: 10:00 a 13:00h

Lugar: Aula CeMIT de Guitiriz.

As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo electrónico a cemit.guitiriz@xunta.gal ou ben no teléfono 982 37 00 62

Dirixido á rapazada de entre 8 e 11 anos

 

Prazas limitadas.

Prazo para a inscrición rematará o venres, 16 de xullo, ou ben ata esgotar as prazas.