O Concello de Guitiriz anima aos mozos e mozas de entre 8 e 14 anos a vivir unha auténtica aventura na natureza. Faino a través da organización da actividade extraescolar “A arte a través das follas, as lendas e costumes e cociña de Nadal”, que se levará a cabo de outubro a decembro.

A proposta contará con dúas quendas. A primeira será os luns de 16.00 a 18.00 horas e estará dirixida á mocidade de 8 a 11 anos. A segunda terá lugar os xoves de 16.00 a 18.00 horas e, neste caso, irá destinada para os rapaces de 12 a 14 anos.

As persoas interesadas poderán anotarse ata o 18 de outubro de xeito presencial solicitando, para iso, cita previa, ou a través da sede electrónica do Concello. Para máis información, os veciños e veciñas teñen á súa disposición o teléfono 982 370 109. 

O prezo da matrícula será de 15 euros.

 

Descarga da solicitude aquí