Pleno ordinario do mes de xullo 2021

Hoxe, 29 de xullo, celebrouse unha sesión plenaria ordenaria no Concello de Guitiriz, cos seguintes resultados nos puntos na orde do día:

- Procedeuse á aprobación do punto referente á imposición e ordanción de tributos, cos votos a favor do PSOE e do BNG e o votos en contra do PP.

- Ratificouse os días locais festivos para o ano 2022, que serán o 1 de marzo e 8 de agosto, cos votos a favor do PSOE e PP e a abstención do BNG.

 

Mocións 

A moción do BNG sobre a nova tarifa eléctrica foi aprobada por unanimidade, cunha enmenda proposta polo PSOE que tamén foi aprobada por unanimidade.

- A moción do PP en relación ao contrato de subministración de combustible coa estación de servizo foi rexeitada cos votos en contra do PSOE, abstención do BNG e votos a favor do PP.

- A Moción do PP en relación ao repetidor TDT de Parga foi aprobada por unanimidade, cunha enmenda da corporación municipal que foi aprobada tamén por unanimidade.

- A moción do PSOE sobre a solicitude á Xunta de Galicia da execucción dunha senda peonil entre Parga e o Mesón da Cabra foi aprobado por unanimidade.

- A Moción do PSOE sobre a solicitude ao Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar para a construcción dunha escola infantil foi aprobada por unanimidade.

 

Propostas de urxencia

- Proposta do PSOE para aprobación de limites de gastos plurianuais en relación o Convenio de colaboración entre a Confederación Hidrográfica del Miño- Sil O.A. (CHMS) e o Concello de Guitiriz para a financiación, execución e entrega das novas actuacións no saneamento e a EDAR de Guitiriz. Aprobouse a urxencia da proposta por unanimidade. Posteriormente foi aprobada cos votos a favor do PSOE e BNG e abstención do PP.

- Proposta do PSOE de modificación de trazado dun tramo do camiño público cno paso xunto á piscina municipal. Aprobouse a urxencia da proposta por unanimidade. Posterioremente foi aprobada cos votos a favor do PSOE e abstención do PP e BNG.