Responsable

¿Quen é o responsable do tratamento do seus datos?

Os datos de carácter persoal recadados serán tratados de forma confidencial e quedarán incorporados a correspondente actividade de tratamento titularidade do CONCELLO DE GUITIRIZ con CIF P270222200C, domicilio situado en RUA DO CONCELLO, 4, 27300-Guitiriz e enderezo electrónico info@concellodeguitiriz.com

Finalidade

¿Con que finalidade tratamos os seus datos persoais?

A finalidade do tratamento dos datos corresponde a cada unha das actividades de tratamento que realiza o CONCELLO DE GUITIRIZ, sendo a principal a de exercer as funcións para o cumprimento dunha labor de INTERESE PÚBLICO.

En cada formulario ou documento onde se soliciten datos persoais, atopará a descrición da finalidade concreta. O feito de non facilitar certa información sinalada como obrigatoria ou omitir algún tipo de información pode levar que non poda levarse a cabo a xestión solicitada.

Lexitimación

¿Cal é a lexitimación para o tratamento dos seus datos?

O tratamento dos seus datos realizase para o cumprimento de misión realizadas en interese público, no exercicio de poderes públicos conferidos ao Concello, para o cumprimento de obrigas legais, para a execución de un contrato, satisfacción de intereses lexítimos e así como cando a finalidade o requira, a través do seu consentimento.

Atopará a lexitimación concreta na cláusula do formulario ou documento onde se soliciten datos persoais.

Tempo

¿Por canto tempo conservaremos os seus datos?

Os datos persoais proporcionados conservaranse durante o tempo preciso para cumprir coa finalidade para a que se recaban e mentres o interesado non solicite a súa supresión. Tendo en conta os prazos previstos pola lexislación respecto a prescrición de responsabilidades que puideran derivar da finalidade, ademais dos períodos establecidos na normativa de arquivos e documentación.

Destinatarios

¿A que destinatarios se comunicarán os seus datos?

Con carácter xeral non se comunicarán os datos persoais a terceiros, salvo obriga legal. Principalmente serán cedidos a Administración Publica con competencia na materia, Rexistros Públicos, Órganos Xudiciais, Forzas e Corpos de Seguridade, Instituto Nacional de Estatística, Interesados Lexítimos así como a Bancos e Caixas.

Ademais, poderán ser coñecedores dos datos persoais a aquelas entidades que presten un servizo ao CONCELLO DE GUITIRIZ, baixo a figura de encargados de tratamento; por exemplo entidades de servizos informáticos, de correo electrónico, seguridade, servizos de animación ou de actividades...

Non se prevé realizar transferencias internacionais, en caso de ser preciso informarase previamente ao titular.

Dereitos

¿Cales son os seus dereitos cando nos facilita os seus datos?

Calquera persoa ten dereito a obter confirmación sobre os tratamentos que se levan a cabo cos seus datos persoais no CONCELLO DE GUITIRIZ.

Ampárano os dereitos de acceso, rectificación, supresión e portabilidade, de limitación, de oposición así como a non ser obxeto de decisións baseadas unicamente no tratamento automatizado dos seus datos.

Ten dereito a retirar o consentimento que nos outorgase nalgunha finalidade especifica, así como a presentar unha reclamación ante calquera autoridade de control (Axencia Española de Protección de Datos)

Pode exercer os seus dereitos de Protección de Datos por escrito en RUA DO CONCELLO, 4 - 27300 GUITIRIZ (Lugo), o por enderezo electrónico a info@concellodeguitiriz.com

Facilitámoslle o seguinte documento que pode descargar, para realizar o exercicio dos seus dereitos. Descargar Formulario Dereitos

Rexistro

das Actividades

de Tratamento

¿Podo ampliar a información dos tratamentos levados polo Concello?

Pode consultar o Rexistro das Actividades do Tratamento do CONCELLO de GUITIRIZ descargándoo no seguinte enlace. Ver Rexistro Actividades Tratamento

Este documento contén a información detallada de cada un dos 38 tratamentos que se llevan a cabo no noso CONCELLO.

Delegado de Protección de Datos

O CONCELLO DE GUITIRIZ, designou a ALVAREZ REAL SL como delegado de protección de externo, pode contactar a través do enderezo electrónico info@concelloguitiriz.com indicando no asunto do mesmo: Contacto DPD.

Medidas de Seguridade

CONCELLO DE GUITIRIZ  ten implantadas as medidas técnicas e organizativas necesarias para garantir a seguridade  dos seus datos de carácter persoal  e evitar  a súa alteración , a perda e o tratamento e/ou  acceso non autorizado , tendo en conta o estado  da tecnoloxía , a natureza dos datos almacenados e os riscos provenientes da acción humana ou do medio físico e natural a que están expostas.

Data de revisión: Novembro 2020
Normativa de Protección de Datos CONCELLO DE GUITIRIZ