O Concello de Guitiriz habilita unha oficina para guiar e axudar a presentar as alegacións aos veciños e veciñas afectados polo proxecto do parque eólico Santuario.

Este servizo estará dispoñible hoxe, xoves 2 de setembro, mañá, venres 3 de setembro, e o luns, 6 de setembro, de 9 a 14 horas na casa do concello. É imprescindible solicitar cita previa no teléfono 982 370 109.

O persoal municipal axudará a cumplimentar debidamente un modelo tipo de alegacións e tamén a tramitar a súa presentación.

Nesta ligazón podedes consultar o mapa do parque: https://bit.ly/3tak8CA