Xa está en marcha o Servizo de Atención Temperá do Concello de Guitiriz para a atención integral a nenos e nenas de 0 a 6 anos de idade, que se realiza de xeito conxunto cos concellos de Vilalba e Xermade.

A atención lévase a cabo na aula multiusos do Telecentro (planta baixa). Os usuarios ou usuarias terán que ser derivados polo servizo de pediatría do SERGAS e haberá que pedir cita previa no teléfono 618 752 574.

Guitiriz contará seguinte persoal: un terapeuta ocupacional (martes de 10 a 15 horas e venres de 15:30 a 20:30 horas), un logopeda (luns de 16 a 20 horas, mércores de 10 a 14 horas e venres de 16 a 19:30 horas) e un fisioterapeuta (martes de 15:30 a 19:30 horas).

A atención temperá enténdese como o conxunto de intervencións, dirixidas á poboación infantil, á familia e á contorna dos menores que teñen por obxecto dar resposta ás necesidades transitorias ou permanentes que presentan as crianzas con trastornos no seu desenvolvemento ou que teñan risco de padecelos.