Esta fin de semana, o Concello de Guitiriz acolle dúas actuacións.

O venres 21 de agosto ás 19.00 horas no CIT de Parga terá lugar o espectáculo ‘Cores, contos e Rock&Roll Pakolas’ coa colaboración de Laura Romero. As son prazas limitadas e a entrada deberá facerse con 30 minutos antes do comezo do espectáculo.

Un día despois, o sábado 22 de agosto ás 19.00 horas no Campo Feira de Guitiriz levarase a cabo ‘Crunch!’ un espectáculo de MUU.

Ambos espectáculos celebraranse garantindo as condicións sanitarias obrigatorias, control de aforo e desinfección á entrada.