A atención temperá é un conxunto de intervencións que as levan a cabo profesionais especializadas como: logopedas, terapeutas, educadorxs, psicologxs ou fisioterpeutas, etc… co fin de dar resposta, o antes posible, a necesidades tanto transitorias como permantentes que poidan ter nenos e nenas de 0 a 6 anos; como trastornos no desenvolvemento ou situacións que produzcan risco de padecelos. Estas intervencións serven para facilitarlles o seu mellor desenvolvemento, autonomía e inclusión social.
A quen vai dirixida?
Vai dirixida á poboación infantil de 0 a 6 anos de idade, ás súas familias e ao seu entorno do Concello de Guitiriz.
Con que servizo contamos en Guitiriz?
O SAT ponse en marcha en Guitiriz no ano 2021, conxuntamente cos Concellos de Xermade e Vilalba. En Guitiriz contamos, polo de agora, con 3 profesionais: 1 logopeda, 1 terapeuta ocupacional e unha fisioterapeuta.
Como se accede ao servizo?
Lembremos que o SAT é un servizo socio sanitario e para facer uso do mesmo é imprescindible que comentes a túa preocupación ou sospeita coa pediatra de cabeceira . É ela a que terá realizar unha primeira valoración e derivará á familia ao servizo.
Onde están as súas instalacións?
As instalación do SAT atópanse ubicadas na planta baixa do Telecentro de Guitiriz (detrás da Casa Habanera). Conta con 2 salas de terapias equipadas para dar o mellor servizo ás familias usuarias.