Servicios Sociales

Benestar social

Oficina de Servizos Sociais

O Concello de Guitiriz, aposta por uns servizos sociais de calidade e cun nivel próximo ó ambiente familiar e social. Desenvolven programas e prestan axudas favorecedoras da participación, integración e benestar social das persoas ou grupos dentro do seu contorno comunitario.

Horario de atención ao público

Mércores de 9:00h a 14:00h
O resto dos días con cita previa.

Datos de contacto

Tlf: 982 370 109
E-mail: servicios-sociais@concellodeguitiriz.com
Educadora familiar: rfanego@concellodeguitiriz.com

Contáctanos







    PAI: Punto de Atención á Infancia

    O Punto de Atención á Infancia de Guitiriz é a base para fomentar a conciliación da vida familiar e laboral, pero sobre todo é un espazo de coidados e aprendizaxes para o tramo de idade no que a ensinanza reglada non cubre as súas necesidades.

    PAI

    Atención temperá

    A atención temperá é un conxunto de intervencións que as levan a cabo profesionais especializadas a nenos e nenas de 0 a 6 anos para facilitarlles o seu mellor desenvolvemento, autonomía e inclusión social.

    Centro de Día Casa do Capataz

    O Centro de Día “Casa do Capataz” é un equipamento que oferta prazas ás peroas maiores residentes en Guitiriz ou outros municipios, en situación de dependencia física ou psíquica.

    Axuda no Fogar

    O Servizo de Axuda no Fogar presta servizos sociais de atención primaria complementario e transitorio. O servizo ofrece un conxunto de atencións inclusivas e normalizadoras no propio domicilio con carácter preventivos, educativo e rehabilitador.

    Actividades

    O Concello impulsa unha serie de actividades vinculadas ao benestar social e o desenvolvemento da poboación co fin de mellorar o seu día a día. Consultaas aquí!

    ¿Cómo realizar os teus trámites de
    Benestar Social na Sede Electrónica?

    Icono Sede Electrónica

    Accede á Sede Electrónica á parte de Servizos Sociais para buscar a solicitude que desexas

    Icono de Descarga de archivos

    Pulsa no enlace “Descargar instancia” para cumprimentar a solicitude e presentala no Concello ou fai todo o proceso de forma online coa túa cl@ve en “Procesamento electrónico