Banda de música

Banda de música

No ano 1998, decídese formar unha banda de música para presentar unha boa formación cultural musical e tamén de algunha maneira dar a coñecer o noso Concello. En tan só dous anos realizouse unha presentación nas festa de San Xoán de Guitiriz, baixo a batuta de D. Abel Riveira Pena.

A raíz de aí o alumnado da Escola Municipal de Música de Guitiriz fixeron o seu desexo realidade de dar a coñecer a súa arte por toda a xeografía galega e máis alá das súas fronteiras.

A filosofía da nosa Banda é a innovación do repertorio, sen esquecernos nunca da música tradicional da nosa comunidade galega.

2004

A Banda graba o seu primeiro compacto.

2007

Acompaña a Manolo Escobar nun concerto no Concello de Guitiriz. Participa no programa “Desde Galicia para el mundo” de TVE.

2014

Realiza a súa primeira xira internacional, por terras italianas.

Queres estar ao día de todas as novidades?
Séguenos no Facebook “Escola Municipal de Música de Guitiriz”

Facebook