Punto de Atención a Infancia

Concilia

Guitiriz Concilia é un proxecto que inclúe unha serie de accións para favorecer a Conciliación da vida laboral e familiar no Concello de Guitiriz.

Este proxecto esta pensado para que as crianzas de primaria poidan ter unha atención axeitada e de calidade mentres as súas nais e pais están a traballar.

Tódalas accións de Guitiriz Concilia inclúen proxectos transversais educativos vinculados fundamentalmente ao medio ambiente , a promover a igualdade entre mulleres e homes e a favorecer un ocio menor competitivo.

PREZO PÚBLICO TAXAS CONCILIA

Para iso contamos con 3 accións anuais:

Guitiriz Madrugador

CEIP Lagostelle
Dende as 8:00 da maña ata que comeza a xornada lectiva.

Este é un recurso que esta activo durante o período escolar. As crianzas poden levar o seu almorzo para tomalo alí ou simplemente xogar e participar nas alternativas de ocio que se ofrecen.

Concilia Tardes

CEIP Lagostelle
Horario de tarde ata as 19:00 horas dende a saída do horario lectivo.

Este recurso está activo durante o período lectivo, de setembro a xuño. As crianzas poden levar a súa merenda ou simplemente xogar e participar as alternativas de ocio que se ofrecen.

Concilia Vacacións

En diferentes instalacións municipais
Os meses de xullo e agosto en horario de maña, dende as 8:30 ata as 14:00.

Ten unha franxa de idade máis restrinxida que vai dende os 3 aos 12 anos. As crianzas poden participar por quendas quincenais ou durante todo o período. Concilia Vacacións é unha acción, que ademais de conciliar inclúe un proxecto educativo de ocio e lecer vinculado á contorna, o coidado da natureza e a promover un ocio consciente.