O Concello de Guitiriz, aposta por uns servizos sociais de calidade e cun nivel próximo ó ambiente familiar e social. Desenvolven programas e prestan axudas favorecedoras da participación, integración e benestar social das persoas ou grupos dentro do seu contorno comunitario.
Horario de atención ao público
Luns, mércores e venres de 9:00 a 14:00h (con cita previa)
Datos de contacto
Tlf: 982 370 109
E-mail: servicios-sociais@concellodeguitiriz.com
Educadora familiar: rfanego@concellodeguitiriz.com
Contáctanos

PAI: Punto de Atención á Infancia
O Punto de Atención á Infancia de Guitiriz é a base para fomentar a conciliación da vida familiar e laboral, pero sobre todo é un espazo de coidados e aprendizaxes para o tramo de idade no que a ensinanza reglada non cubre as súas necesidades.

Atención temperá
A atención temperá é un conxunto de intervencións que as levan a cabo profesionais especializadas a nenos e nenas de 0 a 6 anos para facilitarlles o seu mellor desenvolvemento, autonomía e inclusión social.

Centro de Día Casa do Capataz
O Centro de Día “Casa do Capataz” é un equipamento que oferta prazas ás peroas maiores residentes en Guitiriz ou outros municipios, en situación de dependencia física ou psíquica.

Axuda no Fogar
O Servizo de Axuda no Fogar presta servizos sociais de atención primaria complementario e transitorio. O servizo ofrece un conxunto de atencións inclusivas e normalizadoras no propio domicilio con carácter preventivos, educativo e rehabilitador.

Actividades
O Concello impulsa unha serie de actividades vinculadas ao benestar social e o desenvolvemento da poboación co fin de mellorar o seu día a día. Consultaas aquí!